Una serie de 10 capítulos, emitida en la Televisión gallega, sobre Ruth Matilda Anderson. De (19)20 a (20)20. En gallego, pero no tendréis mayor problema para seguirla.
http://www.crtvg.es/tvg/programas/galicia-de-20-a-20
Galicia de 20 a 20 segue os pasos de Ruth Matilda Anderson, a fotógrafa americana que nos anos 20 do século pasado percorreu toda Galicia e capturou preto de 7.000 imaxes fundamentais para entender quen somos. Cen anos despois, a actriz e directora Sonia Méndez, xunto coa fotógrafa Leticia T. Blanco, viaxarán pola Galicia dos nosos anos 20 para mirarse no espello da cámara de Ruth Matilda.
Un itinerario de dez etapas por toda a xeografía galega na que irán actualizando as imaxes da fotógrafa americana. Descendentes de persoas retratadas por Ruth; artesáns que continúan con oficios tradicionais, pero tamén xente moza que lle dá unha nova vida a estes traballos centenarios; historias de fotógrafas e fotógrafos de aquí… E algunha que outra pequena exposición con fotos de Ruth nalgunhas das nosas vilas. En definitiva, unha viaxe na que conectar o noso pasado co noso presente.